Escoitar

O Concello de Vigo abre o prazo para solicitar subvencións aos clubs de deporte de base

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este venres as bases para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo para a temporada 2018/19. Trátase de achegas para as actividades de deporte de base dos clubs e agrupacións deportivas da cidade.

venres, 26 abr 2019
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publica este venres as bases específicas para a concesión de subvencións por parte do Concello de Vigo a entidades deportivas da cidade en relación a súa actividade co deporte de base na temporada 2018/2019.

O importe total das achegas é de 850.000 euros e os beneficiarios son clubs deportivos, asociacións, agrupacións e entidades deportivas de Vigo. O procedemento de concesión das subvencións é por concorrencia competitiva e o prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles desde a publicación no Boletín da Provincia.