O Concello de Vigo formou xa a 5.500 persoas en cursos de primeiros auxilios
Un total de 5.500 vigueses xa asistiron a cursos de primeiros auxilios gracias ás xornadas de reanimación cardiopulmonar que organiza o Concello. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asistiu este martes ao Colexio Hogar Afundación para saudar aos alumnos que participan na VI Xornada de Formación en Primeiros Auxilios.