venres, 3 mai 2019
O expediente de contratación das obras do proxecto de humanización da rúa Don Bosco foi aprobado este venres pola Xunta de Goberno Local presidida por Abel Caballero. Cun orzamento de 1,8 millóns, a actuación abrangue desde o Paseo de Granada ata Eduardo Iglesias e desde Velázquez Moreno ata Progreso.<br />
<br />
venres, 3 mai 2019
A Xunta de Goberno do Concello aprobou o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a promoción do World Padel Tour en Vigo. Ambas institucións achegan un total de 139.000 euros ao evento deportivo que pretende, tamén, a promoción turística da cidade.
venres, 3 mai 2019
O rexedor acudiu esta mañá a presentación do evento de danza considerado un dos máis importantes no ámbito europeo. Vigo Porté 2019, que un ano máis contará coa colaboración de "Poty", reunirá esta fin de semana no Mar de Vigo a máis de 1.200 bailaríns de 55 centros diferentes.
venres, 3 mai 2019
O evento lúdico-deportivo celebrarase o vindeiro 12 de maio (11:00 horas) en Samil e contará coa novidade da Holi Land, unha zona con inchables, canóns de escuma de colores e diferentes obradoiros. A proba foi presentada este venres no Concello de Vigo coa presenza do alcalde.
venres, 3 mai 2019
A rúa do Príncipe acolleu este venres unha iniciativa do Colexio San Miguel de Vigo para facer un chamamento á necesidade de coidar a hixiene das mans e evitar así o contaxio de enfermidades. O alcalde, Abel Caballero, participou no acto no que os escolares levaron a cabo unha "flash-mob" diante do museo MARCO con motivo do Día mundial do Lavado de Mans.