O alcalde eloxia a calidade artística da VIII edición do Vigo Porté que se celebra no Auditorio esta fin de semana
O rexedor acudiu esta mañá a presentación do evento de danza considerado un dos máis importantes no ámbito europeo. Vigo Porté 2019, que un ano máis contará coa colaboración de "Poty", reunirá esta fin de semana no Mar de Vigo a máis de 1.200 bailaríns de 55 centros diferentes.
Abel Caballero participou esta mañá na presentación da VIII edición de Vigo Porté, un evento de danza considerado un dos máis importante no ámbito europeo. Acompañado pola directora, Lorena López e o presidente do xurado, Javier Castillo "Poty", o rexedor louvou a calidade do certame e agradeceu á organizadora e a todos os membros do xurado a súa presencia en Vigo, unha cidade que "ama a danza", abundou.
Máis de 1.200 bailaríns de 55 centros de danza se darán cita no Auditorio Mar de Vigo dándolle vida a unhas duascentas coreografías de diferentes disciplinas: urbana, lírica, folklore, musicais e fusión. No acto de presentación tamén estiveron presentes o resto dos membros do xurado: Arantxa Carmona, directora do Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma; Christian Escuredo, actor protagonista de musicais; Christian Sánchez, actor, cantante e bailarín; David Campos, profesor de danza e coreógrafo; Juan Polo, mestro de danza clásica recoñecido a nivel mundial e Malena Mexia, profesora de danza do Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma.
Descargar todas as imaxes