Escoitar

A carreira Holi Life volve a Vigo cun chamamento en defensa da igualdade

O evento lúdico-deportivo celebrarase o vindeiro 12 de maio (11:00 horas) en Samil e contará coa novidade da Holi Land, unha zona con inchables, canóns de escuma de colores e diferentes obradoiros. A proba foi presentada este venres no Concello de Vigo coa presenza do alcalde.

venres, 3 mai 2019
1556886518holylife.JPG
A Holi Life, o maior evento de cores de Europa, volve un ano máis a Vigo cun chamamento en defensa da igualdade coas mulleres. O evento lúdico-deportivo terá lugar o domingo 12 de maio e os participantes gozarán dun percorrido de cinco quilómetros co aliciente dun punto de cor cada 1.000 metros, desde onde se lanzará po de cores ao paso dos corredores.

O evento lúdico-deportivo foi presentado este venres nunha rolda de prensa celebrada no Concello de Vigo e no que Noemí Latorre, responsable da organización, avanzou que a saída da proba estará precedido pola lanzamento dunha nube de pos de cores morados en lembranza da igualdade de xénero.

Este ano unha das grandes novidades da proba será a zona Holi Land, onde haberá actividades e onde os participantes poderán gozar de castelos inchables, canóns de escuma de cores ou talleres de diademas, entre outras sorpresas.

A saída da carreira será en Avenida de Samil, ás 11 da mañá, e chegada a meta, no mesmo punto que o inicio. Antes e despois de afrontar o trazado haberá lanzamentos colectivos de po de cores (Holi booms) e animación con música e baile desde o escenario, de modo que ninguén quede sen ganas de festa.

O alcalde, Abel Caballero, participou na presentación da proba e animou á cidadanía a participar nunha proba na que destacan sempre as familias con nenos, grupos de amigos de diversas idades e mozos que desexan pasar unha mañá de lecer practicando deporte.

As inscricións poden realizarse a través da web www.holilife.es e a entrega de dorsais realizarase no Centro Comercial Praza Elíptica.
Descargar todas as imaxes