Concello e Diputación convenian a colaboración co World Padel Tour en Vigo
A Xunta de Goberno do Concello aprobou o convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para a promoción do World Padel Tour en Vigo. Ambas institucións achegan un total de 139.000 euros ao evento deportivo que pretende, tamén, a promoción turística da cidade.
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este venres á proposta de convenio de colaboración do Concello coa Deputación Provincial de Pontevedra para o desenvolvemento do proxecto de promoción deportiva do pádel a través da organización do evento deportivo "World Padel Tour Concello de Vigo".
O importe total da colaboración ascende a 139.000 euros, 84.000 achegados polo Concello e 55.000 pola Deputación. O evento celébrase entre o 7 e o 12 de maio de 2019 en Vigo co fin de promover a práctica deportiva do pádel e a promoción turística da cidade.
Por outra banda, o goberno local aprobou en xunta o proxecto de convenio de colaboración coa Deputación de Pontevedra para o festival do Marisquiño (9, 10 e 11 de agosto) cun importe por parte da institución provincial de 181.500 euros.
Igualmente, aprobouse o convenio de colaboración coa Unión Comarcal da UXT de Vigo, para axudar ao financiamento das actividades da entidade e o seu mantemento cun importe de 15.000 euros.
Casa de Caridad-Hogar San José
Ademais, a Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de convenio de colaboración coa Fundación Casa Caridad-Hogar San José para o sostemento do comedor social La Esperanza e a unidade de hixiene vinculada para os anos 2019-2021 por un importe total de 69.000 euros.
Tamén foi aprobada a clasificación de ofertas para a contratación do subministro de mobiliario de la sala de lectura-biblioteca de Navia por un importe de 41.681 euros, así como as bases reguladoras e convocatoria de subvencións para a Festas Tradicionais Patronais e desenrolo de actividades socioculturais que realicen en 2019. Neste caso o importe é de 100.000 euros e serán adxudicadas en réxime de concorrencia competitiva.
Ámbito cultural
No ámbito cultura, foron aprobadas subvencións nominativas ao Conservatorio Superior de Música de Vigo para o programa "Nas ondas 2019" (4.000 euros), á Fundación Coral Casablanca (23.500 euros), á Asociación Cultural Reencanto Producciones para o Programa Festival Primavera do Cine en Vigo (5.000 euros) e ao Instituto de Estudios Vigueses (37.500 euros).