venres, 18 set 2015
A décimo sexta edición do Camiño a Camiño foi presentada este venres pola concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, que destacou a consolidación do programa como un referente en canto á sensibilización medioambiental e ao coñecemento da contorna entre a cidadanía. Amais apuntou o éxito do programa que medra en participantes tanto nas rutas, como nas hortas urbanas e no voluntariado. A inscrición para as distintas actividades abre o luns 21 e o martes 22.
martes, 11 ago 2015
O alcalde de Vigo presenciou este martes na praia de Samil un simulacro de rescate acuático efectuado polos servizos de salvamento e socorrismo do Concello, Xunta, Policía Local, Cruz Vermella e Protección Civil. Caballero subliñou a importancia da coordinación e informou da recente adquisición de catro táboas de rescate acuático para o dispositivo municipal de praias.
venres, 3 xul 2015
Caballero participou esta mañá no izado de bandeiras azúis na praia da Argazada. Durante o acto, lembrou que Vigo é a cidade española con máis recoñecementos xa que ás nove enseñas obtidas, súmase o Sendeiro azul do río Lagares.
mércores, 17 xuñ 2015
O alcalde deu conta hoxe mércores do inicio esta semana do servizo de socorrismo e salvamento, que se mantén como en anos anteriores a pesares da crise económica. Este ano, como novidade, os arenais contarán de xeito permanente con seis diplomados en Enfermería.
mércores, 10 xuñ 2015
O alcalde de Vigo asinou hoxe mércores o convenio do Cruz Vermella para a prestación da asistencia de primeiros auxilios e transporte sanitario en dez praias da cidade, do 15 de xuño ao 15 de setembro. O goberno local adica preto de medio millón de euros á atención da seguridade nas praias, unha prestación, que non sufriu ningún recorte nos últimos anos.
martes, 26 mai 2015
Abel Caballero informou este martes da redaccción, que pasou pola Xunta de Goberno Local, do Plan de Conservación do Complexo Duna e Areal do Vao de cara á aprobación definitiva deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Este instrumento, explicou o alcalde, eleva o grao de protección do entorno dunar e areal, compatible co uso recreativo e náutico da praia.
xoves, 14 mai 2015
O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por ter conseguido todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, con Cartaxena, a cidade española cun maior número de bandeiras azuis. Abel Caballero recordou que a cidade conserva tamén a distinción Sendeiro Azul no paseo do Lagares, co que os recoñecementos acadan a decena.
martes, 5 mai 2015
O goberno local celebra o 17 de maio a segunda edición desta andaina popular, coa colaboración da Mancomunidade de Montes e o patrocinio de El Corte Inglés e Eroski Center. Para fomentar a participación, o Concello propón andainas de 12, 21 e 32 quilómetros e incorpora un concurso de fotografía. As inscripcións, do 6 ao 14 de maio.
xoves, 5 feb 2015
Así o informou este xoves o alcalde de Vigo logo dunha visita con escolares ao humidal da Bouza pola conmemoración do Día Mundial dos Humidais. Abel Caballero asegurou que a cidade ten a capacidade técnica, económica e a sensibilidade ambiental necesaria para asumir a competencia, que reclama para o municipio sen contrapartida económica.
venres, 30 xan 2015
O programa medioambiental Camiño a camiño inicia o súa novena edición cunha ruta desde Oporto, unha das novidades da programación que presentou esta mañá de venres a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago. Segundo detallou en rolda de prensa, unhas 8.000 persoas participaron nesta iniciativa no 2014. <br />