O servizo de socorrismo realizou unha media de 110 actuacións ao día desde o 15 de xuño

luns, 1 set 2014

O concelleiro de Medio Ambiente en funcións, Carlos López Font, avanzou hoxe que o servizo de socorrismo municipal realizou un total 8.417 actuacións at a o 31 de agosto, cunha media de 110 ao día. Tal e como explicou, trátase dun "bo" servizo, que se complementa coa acción da Policía Local e que se vertebra en treis eixos: prevención, vixiancia e actuacións concretas.

O Concello formou a 2.500 persoas en prácticas de reanimación cardiopulmonar desde 2011

xoves, 7 ago 2014

Abel Caballero achegouse esta mañá a unha das sesións do curso de Reanimación Cardiopulmonar que o Concello está a impartir en Samil. Esta iniciativa de formar a usuarios dos arenais, 60 ao día, súmase á instrucción que xa se realizou á axentes da Policía Local, mozos e mozas nos centros de Xuventude e alumnos e profesores de 13 centros educativos da cidade. En total, desde 2011, son 2.500 persoas as formadas en primeiros auxilios.

O goberno local aproba os proxectos para estabilizar os nichos inclinados do cemiterio de Teis

martes, 8 xul 2014

Así o anunciou este martes o alcalde, Abel Caballero, quen explicou que a Xunta de Goberno Local validou os proxectos básico e de execución de consolidación dos cimentos de nichos nunha zona do cemiterio, por importe de case 120.000 euros. O rexedor recordou que o Concello realizará a obra polo interese público da mesma, pese a que os afectados son de titularidade privada.

As once bandeiras azuis xa ondean en Vigo, a cidade española con máis distincións

mércores, 2 xul 2014

A praia do Vao acolleu este mércores o acto de izado das nove bandeiras azuis que distinguen a calidade e os servizos das praias viguesas. O camiño do Lagares tamén recibiu este ano o sendeiro azul e o Museo do Mar, edificio azul, co que Vigo acada en 2014 once distincións, o maior número de recoñecementos colleitado polas grandes cidades de España, segundo apuntou o alcalde.

O alcalde saúda con satisfacción que a entrega das 9 bandeiras azuis sexa nas Illas Cíes

venres, 16 mai 2014

O alcalde comunicou na mañá deste venres que as Illas Cíes serán o escenario da entrega das 9 bandeiras azuis e a senda azul outorgadas a Vigo, a principios do mes de xuño. Ademáis, no areal de Rodas, se entregarán as bandeiras obtidas polas praias do resto de Galicia. En verbas de Caballero, "será unha grande homenaxe aos que contribuyen a manter as praias limpas, ás persoas que as disfrutan, e ás propias Illas Cíes", propostas a acadar o título de "Patrimonio Medioambiental da Humanidade".

Vigo revalida as nove bandeiras azuis e consolídase entre as cidades españolas con maior número de distincións

xoves, 15 mai 2014

O alcalde amosou hoxe xoves a súa satisfacción por conseguir todas as solicitadas na cidade e ser Vigo, xunto a Cartaxena, a cidade española con maior número de bandeiras azuis nas praias. O Concello de Vigo recibe tamén a distinción "Sendeiro Azul" para a senda do río Lagares. Caballero subliñou que "non é facil" obter este recoñecemento "nun ámbito municipal densamente industrial", como é Vigo.