Escoitar

Vigo renova as nove bandeiras azuis e mantén os tres sendeiros con distinción medioambiental

Vigo volverá contar este verán con 9 bandeiras azuis nos seus areais. Segundo vén de facer público ADEAC (Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor), a cidade tamén mantén os recoñecementos medioambientais nos sendeiros "Camiño de Beiramar", a "Senda entre Faros nas Illas Cíes" e a "Senda litoral e do Monte da Guía".

martes, 9 mai 2017
Vigo conseguiu revalidar un anos máis as nove bandeiras azuis que obtivo o ano pasado e que volveu solicitar neste 2017. Os arenais que obtiveron recoñecemento son: Areal da Punta, Tombo do Gato, Argazada, Fontaíña, Vao, Canido, Fortiñón, Rodas e Figueiras. Unha vez máis, aos areais hai que sumar tres distincións de sendeiros: o "Camiño de Beiramar" e outros dous que xa se conseguiron no 2016: a "Senda entre Faros nas Illas Cíes", que parte da praia de Rodas e chega ata o dous faros da illa e a "Senda litoral e do Monte da Guía", en Teis, que transcorre polo Monte da Guía, praia da Punta e a ETEA.