O goberno local acomete outra quenda de obras para a accesibilidade dos pasos de peóns
O obxectivo das humanizacións, ademais de embelecer a cidade e xerar emprego, é facer a cidade máis accesible e segura. Así o explicou esta mañá o segundo tenente de alcalde, David Regades, nunha rolda de prensa na que avanzou novas actuacións en mellora da mobilidade para os colectivos con máis dificultades que se suman ás obras de humanización previstas este ano.
O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, avanzou hoxe luns que o goberno local acometará no verán reformas en distintos pasos de peóns da cidade para completar o plan de accesibilidade iniciado hai unha década. Cun orzamento superior aos 60.000 euros, nos próximos meses vaise actuar nas seguintes rúas: Baixada a Samil, avenida de Samil, Gran Vía 128-102; Pizarro 27; avenida Florida 123; Luis Seoane 6; Pateira 3-5-17; rúa Médico Fernando Lago Lano no cruce con Faisán; Avenida Hispanidad 98, Gonzalo Torrente Ballester 6; Conde de Gondomar cruce Couto, Avenida Atlántica 60-116; rúa Limpiño (rotonda de Teixugueiras). En todas estas actuacións utilizarase material de primeira calidade en cor vermella para que destaquen, con resaltes en liña -que indican unha intersección no vial- e puntos -que sinalan que entramos en zona perigosa de convivencia de tráfico rodado e peóns).
Deste xeito, o Concello se consolida como referente de cidade accesible, con recoñecementos de institucións, como a recibida o ano pasado polo Ministerio de Fomento, ou por colectivos como Cogami. Trátase, dixo Regades, de buscar un Vigo horizontal que non discrimine aos cidadáns no uso do espazo público e con este obxectivo o Concello conta co asesoramento de Cogami quen valida os proxectos desde o punto de vista da accesibilidade. Todas as humanizacións inclúen baldosas punteadas para persoas con mobilidade reducida e usuarios de bastón branco -en liña recta ou punteadas-.
Tamén se aplican as novas tecnoloxías no 100% dos semáforos -444- que xa inclúen un dispositivo acústico que se activa cun mando ou co teléfono a través de bluetooth; ou no transporte urbano con códigos NFC ou QR, que facilitan horarios e percorridos en tempo real. Regades non esqueceu os edificios municipais que contan con sinalización a unha altura de 1,20 m en releve e en braille. No caso dos pasos de peóns, levan incorporada iluminación cun foco e a instalación de bandas nas beirarrúas iluminadas de vermello ou verde.
Durante a rolda de prensa, Regades referiuse tamén á rede de escaleiras mecánicas e ascensores que o goberno está a instalar en distintas zonas da cidade con cargo a fondos FEDER. En concreto, reiterou o compromiso de unir o Auditorio Mar de Vigo coa rúa Camelias a través de Juan Ramón Jiménez, completando o ascensor que xa funciona en Menéndez Pelayo. Un dos novos proxectos unirá Marqués de Valterra con esa instalación -a través do parque Camilo José Cela- e outro partirá á altura do colexio Ramón y Cajal.
Descargar todas as imaxes