O Concello sinaliza e delimita A Foz e A Calzoa como praias para cans durante todo o ano
O alcalde avanzou este luns que o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) xa publicou a designación da Foz e A Calzoa como praias para cans. Os dous areais xa foron sinalizados e delimitados para que os animais poidan desfrutar durante todo o ano. Ademais, o Concello estuda dúas novas zonas para esparexemento canino na cidade.
Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) publicou este luns a decisión do Concello de Vigo de delimitar as praias da Foz (esquerda) e A Calzoa como lugares de esparexemento canino durante todo o ano. O alcalde informou tamén de que xa estuda a creación de dúas zonas novas para cans na cidade.
Desta forma, nos areais da Calzoa e A Foz (esquerda) os cans poderán estar soltos de xaneiro a decembro, sempre acompañados polos seus donos e excepto os animais potencialmente perigosos, que deberán levar correa e bozo, tal como indica la normativa.
Abel Caballero sinalou que tras a aprobación do acordo na Xunta de Goberno Local, o Concello procedeu a sinalizar e delimitar tanto os accesos as praias como a zona na que poderán circular os cans. Tamén foron instalados colectores para depositar as deposicións dos animais.
O rexedor tamén informou de que actualmente estudan a creación de dúas novas zonas para cans na cidade. Agora mesmo, Vigo xa dispón de dous parques caninos, un deles na Ponte Nova (na senda do Lagares en Castrelos), con 14.000 metros cadrados, e outro no Praza Xoaquín García Picher (rúa Coruña con rúa Jacinto Benavente), con 500 metros cadrados.