Escoitar

Coruxo Móvese chegará á praia do Vao o 10 de xuño da man da Fundación Isidre Esteve e do Concello

O Concello coopera un ano máis coa Fundación Isidre Esteve, co obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas con mobilidade reducida ou discapacidade. Nesta ocasión, será o día 10 de xuño cando a praia do Vao se encha de deportistas para participar na V edición de Coruxo Móvese.

venres, 25 mai 2018
1527250648coruxo.JPG
O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a toda a cidade a participar o domingo 10 de xuño na V edición de Coruxo Móvese. Acompañado por Isidre Esteve, presidente da fundación organizadora, o edil agradeceu na súa intervención aos patrocinadores que permiten que un ano máis organizar un evento que trata de promover a actividade física como ferramenta sociabilizadora. O domingo 10 de xuño, a praia do Vao acollerá, entre outras actividades, unha andaina accesible de 5 km, o torneo infantil de deportes adaptados "Ponte na súa pel", unha carreira de orientación por equipos, unha masterclass de zumba, ademais de xogos para os máis pequenos.

Tal e como explicou o presidente en rolda de prensa, a Fundación Isidre Esteve leva seis anos traballando en Vigo, no Centro Ponte (ubicado no campo de fútbol do Coruxo), ensinan aos seus usuarios a realizar un programa de exercicio que lles permita perfeccionar as súas capacidades, mellorar a súa autonomía e así normalizar o seu día a día.
Descargar todas as imaxes