Escoitar

Abel Caballero insta ao Goberno a cumprir co compromiso sobre a xubilación anticipada dos policías locais

O presidente da FEMP fai unha valoración positiva da emenda presentada aos PGE 2018 acorde coa presentada pola Federación.

xoves, 24 mai 2018
O presidente da FEMP, Abel Caballero, manifestou este xoves o seu respaldo á emenda presentada aos Orzamentos Xerais do Estado para facer posible a xubilación anticipada dos policías locais, unha emenda coa que se "congratula", porque "era o compromiso adquirido" na negociación co Goberno que liderou o propio Caballero, e cuxo cumprimento veu reclamando desde fai máis dun ano.

Nas súas declaracións, o Presidente lembrou que o de policía local "é un traballo de enorme desgaste, e con 65 anos non se pode estar a patrullar na rúa". Aínda que a xubilación terá carácter voluntario, para que cada axente poida decidir, Caballero esixiu "ao Goberno de España que cumpra co compromiso que asumiron comigo" xa en decembro de 2016, tras a reunión no Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Caballero referiuse igualmente ao apoio da FEMP á manifestación de axentes de policía local que se celebrou onte mesmo en Madrid na que se apoiaron as reivindicacións do colectivo amparadas unanimemente pola Xunta de Goberno da Federación.