SUSPENSIÓN DA EXPEDICIÓN DE PERMISOS DE QUEIMA
Co inicio da campaña de verán, época de máximo perigo de lumes, faise necesario extremar as medidas de prevención destes. Durante este periodo, que vai do 1 de xuño ata o 30 de setembro, non se poderá realizar ningunha queima de calquera tipo, dentro da zona urbana do termo municipal de Vigo.
Ca finalidade de minimizar ao máximo os efectos socioeconómicos e ecolóxicos dos lumes, suspenderase con carácter xeral, dende o 1 de xuño ata o 30 de setembro, a admisión de solicitudes de queimas de productos do campo (herbas, restrollos, ect...) no Rexistro Xeral (xa sexa presencial ou a través da páxina web do Concello)