luns, 28 mai 2018
O Concello aprobou o proxecto para renovar os peches dos institutos Santa Irene e Santo Tomé e procederá a licitar os traballos de mellora. Unha vez máis e ante a inacción da Xunta, o goberno local asumirá uns traballos competencia exclusiva do goberno autonómico.
luns, 28 mai 2018
O alcalde avanzou este luns que o Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) xa publicou a designación da Foz e A Calzoa como praias para cans. Os dous areais xa foron sinalizados e delimitados para que os animais poidan desfrutar durante todo o ano. Ademais, o Concello estuda dúas novas zonas para esparexemento canino na cidade.
luns, 28 mai 2018
O alcalde deu conta este luns da adxudicación desta nova humanización en Teis, cun orzamento de case 600.000 euros. O goberno vigués tamén adxudicou o servizo de socorrismo en praias e aprobou as bases para apoiar con 300.000 euros ao movemento asociativo.
luns, 28 mai 2018
O alcalde acudiu este luns aos xardíns do Pazo-Museo de Castrelos para felicitar aos alumnos dos colexios da provincia que participaron na actividade Faro da Escola, organizada polo periódico Faro de Vigo coa colaboración do Concello e da Deputación de Pontevedra.
luns, 28 mai 2018
Caballero insistiu esta mañá no "indignante" que resulta que os responsables de velar polos cidadáns no transporte en autoestradas -Goberno de España e Xunta de Galicia- segan sen tomar medida algunha sobre as retencións en Rande. Na súa opinión, estas administracións son "cómplices" da concesionaria por iso non tomas medidas en defensa dos usuarios e lle permiten seguir cobrando peaxes aos cidadáns que sofren a diario retencións.