O goberno local suplirá á Xunta e renovará os peches dos institutos de Santa Irene e Santo Tomé
O Concello aprobou o proxecto para renovar os peches dos institutos Santa Irene e Santo Tomé e procederá a licitar os traballos de mellora. Unha vez máis e ante a inacción da Xunta, o goberno local asumirá uns traballos competencia exclusiva do goberno autonómico.
Tras reclamar en sucesivas ocasións á Xunta de Galicia a renovación dos peches dos institutos Santo Tomé de Freixeiro e Santa Irene e "ante o seu silencio", será o Concello de Vigo o que supla a ausencia do goberno autonómico nesta cidade. Cun orzamento de 58.000 euros, se renovarán os valados e as portas (peonís e para vehículos), que xa estaban moi deterioradas e coa súa vida útil rematada polo que empezan a ser un problema de seguridade.
As obras, que se prolongarán durante un mes aproximadamente, arrancarán una vez rematado o período escolar e estarán finalizadas ao comenzo do próximo curso.
As obras, que se prolongarán durante un mes aproximadamente, arrancarán una vez rematado o período escolar e estarán finalizadas ao comenzo do próximo curso.