xoves, 31 maio 2018

O lume, temática do mural do Concello no IES Valadares

xoves, 31 mai 2018

Abel Caballero visitou este xoves o instituto, onde a artista Iria Fafián leva adiante o mural co alumnado, que propuxo como tema os lumes do pasado mes de outubro. Esta acción forma parte das actividades que o Concello desenvolve cos colexios no marco do programa municipal "Vigo, cidade de cor".

O alcalde eloxia a labor da ONCE e o novo deseño dos seus quioscos

xoves, 31 mai 2018

Xunto ao delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez, e o director de ONCE-Vigo, Roberto Gaspar Conde, Abel Caballero participou este xoves na presentación das novas cabinas que a ONCE instalará progresivamente na cidade, que destacan pola súa accesibilidade universal, ecoloxía e maiores facilidades de comunicación. A primeiro, xa instalada en Urzáiz 185.