O Concello organiza a Festa dos Nenos os días 2 e 3 de xuño no Parque de Castrelos
Todos os nenos están convidados a achegarse esta fin de semana o Parque de Castrelos para participar na Festa dos Nenos. Con actividades gratuítas para todas as idades, o ano pasado foron máis de 8.000 nenos os que gozaron deste evento lúdico.
O Concello organizará a próxima fin de semana a Festa dos Nenos en Castrelos con actividades gratuítas para todas as idades. O sábado 2 e o domingo 3 de xuño entre as 11,00 e as 14,00 h, pola mañá e as 16,00 e as 20,00 h, pola tarde, os máis pequenos poderán gozar de obradoiros de maquillaxe, chapas, recortables en 3D, de origami (papiroflexia), de globoflexia, de clay e de manualidades; zonas de bloques de construción, mini chef, tirolina e ponte tibetana, gymkanas, hinchables ou exhibicións das Policías Local, Nacional e de Bombeiros para que os nenos e nenas coñezan as súas funcións. O rexedor animou a todo Vigo a achegarse a Castrelos para participar dun evento lúdico no que participaron máis de 8.000 nenos e nenas o pasado ano.