Escoitar

O Concello dedica 7,2 millóns a achegas de alimentación e comedores sociais

Segundo indicou esta mañá Carlos López Font, Vigo ten a maior política social de ningunha cidade de España tal e como evidencian os datos de inversión e que só en 2018 elevan a 7,2 millóns as achegas para alimentación e comedores sociais. Tamén comparou os 2,4 millóns que o Concello de Vigo adica ao cheque social aos 0 euros que destina o Concello de A Coruña a este concepto.

martes, 29 mai 2018
1527598256Font.JPG
O voceiro do Goberno local, Carlos López Font, destacou esta mañá a importancia da política social da cidade, a maior de toda España, con inversións para as persoas que máis o precisan. Só este ano, dixo, o Concello destina 7,2 millóns a axudas de alimentación. Tal e como detallou, o Concello destina a comedores sociais 238.000 euros (AFAN, Misioneros de los enfermos pobres, Comedor de la Esperanza, Vida Digna e Banco de Alimentos); o programa Xantar na casa recibe 70.000 euros; o Servizo de Axuda no fogar, 4,5 millóns e o cheque social, 2,4 millóns. Respecto a este último concepto, engadiu, outras cidades, como A Coruña non teñen estas achegas. A maiores, o albergue recibe 800.000 euros, a bolsas de libros e comedor, 1,5 millóns, a Cedro, 1,5 millóns e a teleasistencia, 71.000 euros.

Respecto á posición do goberno local sobre a aprobación definitiva do Plan Parcial de Navia, Font lembrou os condicionantes que esixirá o Goberno local que ten "as ideas moi claras e ninguén lle vai facer mudar a opinión". En primeiro lugar, referiuse a que nin un só metro cadrado de zona verde será convertida en asfalto, así como a que os novos accesos de Navia coa avenida de Europa se realizarán en óptimas condicións de accesibilidade e seguridade, incorporando unha nova glorieta de regulación do trafico na avenida. Outro dos condicionantes municipais pasa porque a Xunta constrúa un instituto público para o que o Concello cederá unha parcela e, por último, pola necesidade de que o goberno autonómico e o Ministerio de Fomento cumpran coa normativa acústica coa incorporación de pantallas vexetais na VG20 e o soterramento desta vía ao seu paso por Navia. Deste xeito, engadiu, o Goberno local quere que Navia sega a ser unha zona de referencia con equipamentos e dotacións de zonas verdes, deportivas, educativas, sociais e culturais que se verán reforzadas coa ampliación do barrio.
Descargar todas as imaxes