Matronas e auxiliares de enfermería denuncian no Pleno "diminución da calidade asistencial" por falta de persoal no Cunqueiro
Silvia Gonçalves, en representación do colectivo, interveu este mércores ante a Corporación para denunciar que Hospital Álvaro Cunqueiro conta cunha matrona por cada tres parturientes cando a OMS recomenda unha por cada muller ou como máximo por cada dúas. As profesionais demandan da Xunta que "propicie as condicións para que o noso traballo non sexa bo, senón excelente"
A sesión plenaria deste mércores comezou coa comparecencia de Silvia Gonçalves, en representación do Servizo de Partos ou Matronas do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, en virtude da actual situación das enfermeiras especialistas en Obstetricia-Xinecoloxía.
Despois da súa intervención, concelleiros dos tres grupos políticos municipais tomaron a palabra. Pola Marea, Margarida López reclamou á Xunta máis formación e recursos nun servizo que é "crítico" e recordou que este se engade a outros "problemas" que presenta o centro hospitalario. Polo PP, Ángel Piñeiro trasladou o seu "apoio" ao colectivo, expuxo que o servizo é "mellorable" e asegurou que, "pese a todo", é a función mellor valorada polos usuarios do hospital, cun nove sobre dez.
Polo goberno de Vigo, Cayetano Rodríguez argumentou que o denunciado amosa a "esencia" dos problemas da sanidade viguesa, pois non é consecuencia dun problema "puntual" no hospital senón "estrutural, de política sanitaria, de política con maiúsculas". O concelleiro insistiu en que as denuncias dos distintos colectivos sanitarios revelan o "fracaso do modelo" empregado pola Xunta para o Álvaro Cunqueiro.