O Concello envía ao Boletín Europeo o anuncio de licitación da cartografía e da revisión do Plan Xeral
Cun orzamento total de 2,7 millóns de euros, o goberno local prosegue coa licitación da actualización da cartografía e da redacción da revisión do PXOM, enviando o anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea. O prazo para presentar ofertas rematará o próximo 13 de xullo.
Abel Caballero deu conta da remisión do anuncio de licitación da actualización da cartografía e da revisión da redacción do Plan Xeral ao Diario Oficial da Unión Europea. Cun orzamento de 2,7 millóns -dos que 387.200 son para a cartografía- o prazo para entregar propostas é de 45 días (dez días máis do que prevé a lei) e remata o 13 de xullo. Respecto da execución do contrato, que xa foi enviado tamén á Plataforma de Contratación do Estado, está fixado un ano para a cartografía e catro para a revisión do PXOM. Neste punto Caballero atribuíu á Xunta un atraso dun ano, o tempo que tardou en asinar o convenio de colaboración para sacar adiante o documento.
El rolda de prensa, precisou que un tercio da edificabilidade de Vigo xa está en tramitación a través das normas subsidiarias, o que supón moito máis do que se pode edificar en dez anos. Por outra banda lembrou que o Plan Xeral de Vigo foi anulado polo Tribunal Supremo ao considerar insuficientemente xustificado un trámite ambiental da Xunta de Galicia. Para retomar con celeridade a vixencia do PXOM e cumplir coa sentenza xudicial, o Concello, recordou o alcalde, presentou ante a Xunta de Galicia unha vía amparada polo prestixioso xurista Luciano Parejo, finalmente desbotada polo goberno autonómico.
Atendendo ao criterio de Parejo, "en seis meses teríase aprobado o Plan Xeral de Ordenación Municipal", valorou Caballero, quen engadiu que agora o Ministerio de Fomento, no estudo do proxecto de lei, profundiza precisamente na liña proposta polo xurista para Vigo. Así, o rexedor indicou que o director xeral de Urbanismo apuntou no Congreso dos Deputados que a nova lexislación requirirá a "revisión" das pezas que foron declaradas contrarias á lei "e soamente esa parte", mantendo o resto do Plan a súa validez. Esta solución é "exactamente o que nós propuxemos co plan Parejo, a Xunta contestou que non e agora resulta que Urbanismo e Fomento de España van na dirección que nós propuxemos. Fíxense en canto tempo e cantos recursos teríamos aforrado", concluíu Caballero.