Os comerciantes de Torrecedeira celebran a segunda edición do Cinema de balde coa proxección de "Regreso al futuro"
A cita será mañá ás 22.00 horas no Parque Camilo José Cela<br /> <br />
Os comerciantes de Torrecedeira, co apoio do Concello, volven unir forzas para celebrar a segunda edición da iniciativa "Cinema de balde". Tras o gran éxito desta convocatoria de cinema ao aire libre no Parque Camilo José Cela, que o ano pasado proxectou "E. T. El extraterrestre", ofrecerán nesta nova sesión "Regreso ao futuro". A cita é mañá ás 22.00 horas na pista deportiva do parque e a entrada é gratuíta.
"Nesta ocasión, para elixir a película deixamos que a xente votase durante quince días na nosa páxina de Facebook e, finalmente e con moita vantaxe, a elixida foi ‘Regreso ao futuro’, unha cinta para toda a familia que estamos seguros de que traerá moitos recordos aos da nosa xeración e encantará aos máis novos tamén", asegurou a presidenta da asociación, Mari Luz Álvarez Mera. A presidenta, ademais, destacou a calidade da proxección, en pantalla xigante e con son envolvente.
O concelleiro da área de Parques e Xardíns, Comercio e Participación Cidadá Ángel Rivas, que acompañou aos comerciantes na presentación, mostrou o seu apoio á iniciativa. "É unha proposta pioneira e moi atractiva e desde o goberno facemos un chamamento aos vigueses para gozar dela", afirmou, á vez que felicitou a todos os comerciantes implicados na organización.
Descargar todas as imaxes