O goberno de Vigo adxudica o novo macro parque infantil de Pedro Alvarado, en Teis
Segundo informou Caballero, o contrato ascendía a 500.000 euros e se suma aos parques infantís que promove o Concello en Venezuela, Independencia, Navia, Barreiro, Bouzas, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo.
Xunta de Goberno Local adxudicou este xoves as obras do novo macro parque infantil de Pedro Alvarado, en Teis, para o que o Concello reserva medio millón de euros de orzamento.
Así anunciouno hoxe o alcalde, quen engadiu que o contrato inclúe a impermeabilización do forxado do aparcamento soterrado existente baixo a praza. O parque infantil súmase, recordou, ao que o Concello ultima na rúa Venezuela e aos da Praza da Independencia, Navia, Barreiro, Bouzas, rúa Coruña, Jenaro de la Fuente e Maruja Mallo.
Vigo Vertical
A Xunta de Goberno Local tamén adxudicou o servizo de asesoramento a PEMES e emprendedores, un proxecto que forma parte da estratexia Vigo Vertical cofinanciada con fondos FEDER da Unión Europea, segundo apuntou Caballero.
O Vigo Vertical, expuxo, contempla accións en infraestruturas, política social e económica. Neste último eido enmárcase este contrato de 300.000 euros, cuxos obxectivos pasan polo apoio ao emprendemento da mocidade e das mulleres, a mellora da competitividade das pequenas e medianas empresas, a administración electrónica e a modernización tecnolóxica, entre outros.
Bombeiros
En rolda de prensa, o alcalde informou asemade da adxudicación do contrato de subministro, conservación e limpeza do equipamento de intervención do servizo de Bombeiros do Concello de Vigo.
Cun importe próximo aos 982.000 euros e cinco anos de contrato, o goberno local emprega o sistema de renting para "ter todo a punto e de forma permanente", salientou Caballero. A adxudicación cubre a todos os integrantes do persoal de intervención do corpo, incluíndo 270 unidades do equipamento pesado, 135 de traxes forestal e de auga e casco forestal, e 135 unidades de cada unha das prendas e equipamentos asociados.