O Concello propón á Xunta novos caudais ecolóxicos para minimizar riscos en caso de seca
Nunha reunión técnica que se celebrará o venres, o goberno de Vigo proporá á Xunta novos valores dos caudais ecolóxicos de Eiras e Zamáns para que os encoros "poidan soportar o mellor posible unha seca" como a do ano pasado. O alcalde asegurou que a proposta municipal non supón dano ao medio ambiente nin á zona marisqueira da desembocadura do Verdugo e do Oitavén.
Vigo proporá este venres á Xunta de Galicia que valore adoptar unha "modificación substancial" dos caudais ecolóxicos actuais dos encoros de Eiras e Zamáns, pois non teñen en conta o "evidente" cambio climático e a posibilidade de secas extremas como a acontecida o pasado ano, por exemplo.
O obxectivo do Concello, explicou o seu alcalde, é que o novo caudal "coadxuve coa prevención no caso de ausencia de auga" e recordou que a administración viguesa ten "a mellor e máis segura rede de abastecemento de auga" de Galicia, tras adoptar medidas de control activo de fugas, xestión de presións e de infraestruturas, rapidez e calidade nas reparacións e de detección de posibles alteracións no abastecemento de auga aos domicilios.
A proposta municipal ten "respecto absoluto" co medio ambiente e non causará, subliñou Abel Caballero, "ningún dano" aos ríos nin ao entorno nin á zona marisqueira da desembocadura dos ríos Verdugo e Oitavén. O caudal ecolóxico regula a cantidade de auga que os encoros liberan cada mes do ano ao río.