Escoitar

O Concello inicia este mércores cun documental as xornadas sobre o fondo mariño das Cíes

O alcalde reuniuse este luns cos científicos encargados dos relatorios. Este mércores ás 21 horas na Praza da Constitución comezan as xornadas divulgativas coa proxección dun documental sobre os fondos mariños das Illas Cíes, con bloques sobre a maragota, os tiburóns e as centolas.

luns, 16 xul 2018
1531743087CicloClies_01.JPG
"Trátase de divulgar como se está a conformar a gran reserva do fondo das Illas Cíes", explicou Abel Caballero, para "trazar e valorar a súa importancia". As xornadas arrancan o mércores 18 na Praza da Constitución, ás 21 horas, cunha proxección documental de 45 minutos dividida en tres bloques correspondentes á maragota, os tiburóns e as centolas. Tamén se promoverá un diálogo cos asistentes, segundo detallou o alcalde.
1531743087CicloClies_01.JPG
1531743101CicloCies_02.JPG
Descargar todas as imaxes