Escoitar

Vigo lidera a clasificación galega de cidades transparentes e está entre as dez primeiras de España

O Concello ten unha puntuación de 97,5 sobre 100 o que a coloca como líder da clasificación galega e entre as dez primeiras cidades máis transparentes de España. Así o dixo o rexedor hoxe venres, cando deu conta da aprobación en Xunta de Goberno de novas medidas dentro do Plan de Seguemento e Avaliación de Transparencia e o Bo Goberno. <br />

venres, 13 xul 2018
O goberno local aprobou novos indicadores e medidas de transparencia dentro do Plan de Seguemento e Avaliación da Transparencia e o Bo Goberno o que suporá que a introdución de información na rede xa non será voluntaria "senón que o Concello se autoimpón esa obriga". En declaracións aos medios Caballero lembrou que Vigo, con 97,5 puntos sobre 100 en transparencia, lidera "de longo" a clasificación de toda Galicia e está entre as dez cidades máis transparentes de España. No Portal de Transparencia do Concello te que figurar obrigatoriamente información que en moitos casos xa estaba, como ordes do día das Xuntas de Goberno, da Xerencia de Urbanismo, a relación de órganos de representación de persoal, relación de postos de traballo para plans ou programas, acordos de pactos reguladores das condicións de traballo e convenios colectivos, masa salarial do persoal laboral, subvencións en fase de consulta pública, directrices, instrucións, acordos o circulares ou respostas a consultas, rexistro municipal de soares, entre outra documentación.

Caballero lembrou que Vigo leva 6 anos aplicando as esixencias de tramitación electrónica que agora impón a nova lei de contratos públicos, unha tarefa pola que Vigo xa recibiu un premio hai 5 anos.