Escoitar

Vigo organiza o ciclo de conferencias "Falemos de Cíes" para promover a candidatura a Patrimonio da Humanidade

Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello organizará entre xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura de Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. "Vigo segue así coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional", destacou o alcalde.

xoves, 12 xul 2018
1531407671IllasCies_01.JPG
O Concello de Vigo organizará entre xullo e o vindeiro mes de decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. O alcalde avanzou que, co nome de "Falemos de Cíes", a iniciativa permite a Vigo seguir adiante "coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional".

Abel Caballero indicou que "estamos vertebrando un expediente solvente e moi sólido cun congreso no que máis de 500 científicos avalaron os méritos medioambientais das Illas" e destacou que "mentres tanto, a Xunta sigue a torpedear e impedir, como ven facendo desde o principio".

Ciclo de conferencias:

Mércores 18 de xullo, na Praza da Constitución:
Cine e ciencia. "Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes"
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas

Miércoles 5 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes"
Luis Navarro, profesor da Universidad de Vigo

Mércores 19 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "Procesos ecológicos nas Illas Cíes"
Alberto Velando (doctor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)

Miércoles 3 de outubro, Mercado do Berbés:
Ciencia e gastronomía: "Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca"
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)

Mércores 7 de novembro, Club Faro de Vigo:
Ciencia e Patrimonio: "Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes"
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo

Miércoles 12 de decembro, Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: "A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo"
Irene Alejo, profesora da Universidad de Vigo
Descargar todas as imaxes