Vigo en Festas programa máis de 60 actuacións, con 30 concertos gratuítos, por toda a cidade
O alcalde de Vigo presentou este mércores a programación de Vigo en Festas 2018 e deixou a incógnita dunha actuación en Castrelos que anunciará nos vindeiros días. A cidade será escenario de 64 actividades, entre elas 30 concertos gratuítos, para celebrar unhas festas que Caballero definiu "como as mellores da historia de Vigo e de todas as cidades de Galicia".