xoves, 12 xul 2018
O goberno local interporá un novo recurso contencioso-administrativo contra a Xunta por obrigar por lei ao Concello a abonar 550.000 euros polos centros de día de Valladares, Teis e Coia e polas escolas infantís de Palencia e Valladares, de competencia autonómica, un "abuso contra os dereitos constitucionais do Concello", en verbas do alcalde de Vigo. Tal e como explicou o rexedor, para os centros de día o Concello ten que achegar 345.000 euros e outros 205.000 para as escolas infantís, o que supón máis de medio millón de euros anuais.
xoves, 12 xul 2018
Abel Caballero reclamou de novo esta mañá á Xunta que aplique a Lei 3/2016- coñecida como "Lei Vigo"- para cambiar o uso do solo no que o Concello quere construír un pavillón en Matamá. Criticou os seis meses de silencio que garda o Executivo autonómico desde que o Goberno local trasladou unha petición na que "non pedimos cartos, senón que cumpran as leis".
xoves, 12 xul 2018
O alcalde de Vigo asinou esta mañá convenios de colaboración con representantes de nove entidades sociais. Cun importe de case 140.000 euros, o obxectivo é facilitar o desenvolvemento da súa acción na cidade.
xoves, 12 xul 2018
Abel Caballero anunciou este xoves que o Concello organizará entre xullo e decembro un ciclo de conferencias para promover a candidatura de Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade. "Vigo segue así coa súa folla de ruta de promoción de Illas Cíes cunha candidatura que conta co respaldo da cidadanía e da comunidade científica nacional e internacional", destacou o alcalde.
xoves, 12 xul 2018
O alcalde de Vigo reiterou o compromiso do Concello de cooperar cos migrantes que chegaron a España no Aquarius dos que 8 están en Vigo atendidos pola Asociación Provivenda. Logo de manter un encontro coas responsables desta entidade, avanzou a súa vontade de asinar un convenio desde a FEMP.
xoves, 12 xul 2018
Abel Caballero presentou o programa de visitas teatralizadas gratuítas no Centro de Interpretación do Mundo Romano na Finca Mirambell, que comeza este xoves, 12 de xullo, ás 20 horas. Haberá representacións cada xoves de xullo e os días 2, 11 e 23 de agosto. O venres 11 de agosto a recreación se suma á Noite Branca.
xoves, 12 xul 2018
O alcalde deu este xoves a benvida a 70 nenos saharauís que foron acollidos este verán por parte de familias viguesas. Mohamed Zerga, novo delegado saharauí en Galicia, destacou que Vigo é o primeiro municipio de Galicia e dos primeiros de Europa en acollemento de nenos do Sahara e Abel Caballero comprometeuse a aumentar o financiamento o vindeiro ano no caso de que máis pequenos viaxen á cidade. O Concello de Vigo xa colabora co programa sufragando a viaxe dos nenos.