Escoitar

O alcalde reitera á Xunta que aplique a chamada "lei Vigo" para poder construír o pavillón de Matamá

Abel Caballero reclamou de novo esta mañá á Xunta que aplique a Lei 3/2016- coñecida como "Lei Vigo"- para cambiar o uso do solo no que o Concello quere construír un pavillón en Matamá. Criticou os seis meses de silencio que garda o Executivo autonómico desde que o Goberno local trasladou unha petición na que "non pedimos cartos, senón que cumpran as leis".

xoves, 12 xul 2018
1531407475PavillonMatama_01.JPG
O Concello quere construír un pavillón en Matamá cun investimento de case 3,5 millóns de euros para o que precisa que a Xunta aplique a Lei 3/ 2016 para que o solo sexa catalogado deportivo. "En seis meses nin tan siquera nos acusaron o recibo", dixo o rexedor ao tempo que lembrou que o Concello "non reclama cartos, só que cumpran as leis". Atribuíu esta "nova política de paralizar" da Xunta a que a non queren que se fagan obras antes das eleccións municipais e avanzou a colocación de carteis denunciando esta situación de Matamá, así como noutras como zonas da cidade como Gran Vía ou Porta do Sol.
1531407475PavillonMatama_01.JPG
1531407488PavillonMatama_02.JPG
Descargar todas as imaxes