O goberno local interpón un segundo recurso contra a obriga de financiar os centros de día da Xunta
O goberno local interporá un novo recurso contencioso-administrativo contra a Xunta por obrigar por lei ao Concello a abonar 550.000 euros polos centros de día de Valladares, Teis e Coia e polas escolas infantís de Palencia e Valladares, de competencia autonómica, un "abuso contra os dereitos constitucionais do Concello", en verbas do alcalde de Vigo. Tal e como explicou o rexedor, para os centros de día o Concello ten que achegar 345.000 euros e outros 205.000 para as escolas infantís, o que supón máis de medio millón de euros anuais.
O goberno de Vigo acordou este mércores interpoñer un segundo recurso contencioso-administrativo contra a decisión da Xunta de Galicia de obrigar ao Concello a cofinanciar os centros de día de Valladares, Teis e Coia. En rolda de prensa, Abel Caballero informou da decisión municipal contra a lei da Xunta que forza ao Concello a abonar o 30% do custe destes tres centros de día e das escolas infantís de Valladares e da rúa Palencia, de competencia e xestión autonómica. En total, o copago esixido a Vigo ascende a 550.000 euros anuais. O Concello, seguindo indicacións do xulgado, recorreu separadamente o segundo semestre do cofinanzamento dos centros de día, "competencia exclusiva da comunidade autónoma". A liquidación do primeiro semestre foi de 171.250 euros, a mesma cantidade que se reclama agora, a contía correspondente aos últimos seis meses.
O alcalde de Vigo censurou que a Xunta de Galicia "unilateralmente" lexisle o pago por parte da cidade dos servizos de competencia autonómica e nunha cantidade, o que representa un "grave atentado contra a autonomía local". Dentro das competencias que a LARSAL atribúe aos concellos non se inclúe a asunción forzosa de parte dos gastos ordinarios de centros da administración autonómica, explicou Caballero. Recordou que o Concello ten que pagar a "súa política social, non a da Xunta". O Concello, proseguiu, "non pode xustificar nin competencial nin orzamentariamente unha disposición de fondos a favor do Consorcio". A Xunta de Galicia non respecta as distribución de competencias, dixo, aplica "unha detracción forzosa, unilateral e periódica de fondos municipais" por iso interpoñemos un recurso que vai gañar o Concello.