Escoitar

O Concello aproba o Programa de Familia e Infancia que atende a 600 menores vigueses

A Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao Programa de Familia e Infancia que presta atención a un total de 380 familias con case 600 menores de idade. Tamén aprobouse o Programa de Escolas Deportivas e a xestión das escolas infantís de Tomás Alonso e Bouzas.

venres, 13 xul 2018
Abel Caballero deu conta este venres en rolda de prensa dos acordos da Xunta de Goberno Local do 12 de xullo, no que saíron adiante os programas sociais para a infancia, así como a xestión das escolas infantís de Tomás Alonso e Bouzas.

A clasificación de ofertas para a contratación do servizo do Programa de Infancia e Familia aprobouse cun importe total de 2,57 millóns para os vindeiros 4 anos co obxectivo de apoiar a familias e menores con problemáticas de situacións de risco e conflito social.

A finalidade do servizo é promover a autonomía familiar, desenvolvemento integral e a súa participación social activa. So en 2017 o Concello traballou con 380 familias diferentes, o que supuxo intervir con 1.278 persoas, das que 585 eran menores.

Xestión Escolas Infantís
A Xunta de Goberno tamén aprobou o expediente de contratación do servizo para a xestión de las escolas infantís de Tomás Alonso e Bouzas por un importe de 2,1 millóns (prezo anual de 524.811 euros) e un prazo de 4 anos.

O alcalde sinalou que a xestión inclúe o primeiro ciclo de educación infantil, alimentación, cuidado e hixiene dentro do horario da escola e a xestión e administración do centro. O Concello oferta 620 prazas nas 8 escolas infantís cun orzamento total de 1,5 millóns de euros.

"Achégate ao Deporte"
Tamén foi aprobada a proposta de aprobación do Programa Municipal de Escolas Deportivas por un importe de 300.000 euros. O programa anual 2018-2019 atende a 5.000 nenos de 6 a 18 anos, de 36 disciplinas deportivas e 42 clubes, asociacións e federacións

As actividades celebraranse de 17:00 a 20:00 horas en todos os pavillóns e instalacións. O programa presta especial atención a igualdade e ao deporte.

Por último, a Xunta de Goberno deu o visto e prace ao proxecto de convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Fonte do Galo para axudar a financiar os gastos de mantemento e aluguer do local social, necesarios para organizar as actividades.