Escoitar

O Concello de Vigo aproba a contratación da obra do pavillón de Quirós por 3,2 millóns

Abel Caballero informou este luns de aprobación do expediente de contratación da obra para construír o novo pavillón de Quirós. A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto e prace á remodelación de cinco das dez pistas de tenis do complexo polideportivo de Samil.

luns, 16 xul 2018
A Xunta de Goberno Local aprobou o expediente de contratación das obras do pavillón deportivo cuberto e instalacións complementarias para a completa urbanización das parcelas 28 e 29 do Plan Parcial Quirós.

O alcalde, Abel Caballero, sinalou que o importe de licitación para a nova infraestrutura é de 3,22 millóns e a obra enmárcase no convenio firmado entre Concello de Vigo e Deputación de Pontevedra para a mellora das instalacións deportivas da cidade.

O acordo inclúe a renovación do céspede sintético en 10 campos de fútbol municipais e a mellora do alumeado e instalacións técnicas (2,9 millóns, ademais da nova instalación deportiva cuberta de Romil (2,1 millóns) e a renovación integral dos pavillóns deportivos e a grada de Río.

Pistas de tenis en Samil
O Concello de Vigo tamén aprobou en Xunta de Goberno a memoria valorada correspondente aos traballos de reparación da superficie de cinco pista de tenis (números 5, 6, 8, 9 y 10) do Complexo Polideportivo de Samil.

O importe da reforma é de 74.346 euros e o prazo de execución de dous meses. A mellora das cinco pistas -as cinco primeiras xa están reformadas desde o ano pasado- será con con pavimento de última xeración (pista rápida) clasificada pola Federación Internacional de Tenis (ITF). Ademais do pavimento, tamén será substituído todo o material deportivo, como redes e postes.