mércores, 18 xul 2018
Os votos do grupo municipal socialista serviron para aprobar unha moción na que insta á deputada Ana Pastor a asumir responsabilidades políticas "por ter obstaculizado" a tramitación do AVE Vigo-Madrid en conexión directo por Madrid. Ademais, saíu adiante unha emenda de engadega para recoñecer ao Goberno de Pedro Sánchez o seu compromiso coa Alta Velocidade e coa peaxe de Redondela.
mércores, 18 xul 2018
A Corporación deu luz verde á aprobación inicial deste instrumento, que fará posible levar adiante o desenvolvemento urbanístico de 23 millóns de metros cadrados, case que a cuarta parte da cidade. Así o expuxo a concelleira de Urbanismo, María José Caride, antes da votación, apoiada polo goberno de Vigo e o PP, coa oposición de Marea.
mércores, 18 xul 2018
O Pleno tomou coñecemento este mércores dos prazos de pago rexistrados no segundo trimestre do ano, onde o Concello abonou as súas facturas en 11 días en abril, 9 en maio e 12 días en xuño, o período máis breve de España segundo os datos oficiais. A Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) tamén recoñeceu a Vigo como a administración mellor pagadora do país.
mércores, 18 xul 2018
En representación da AVV de Coruxo, Eva Alonso interveu este mércores ante o Pleno para solicitar o apoio dos grupos políticos no mantemento da praza de pediatría no centro de saúde. Todos os partidos apoiaron a demanda e o alcalde de Vigo avanzou "mobilizacións" para "reverter" a situación.
mércores, 18 xul 2018
Marea e o grupo de goberno de Vigo, coa abstención do PP, aprobaron a moción presentada polos primeiros para trasladar a solidariedade da Corporación coas auxiliares de enfermería do Álvaro Cunqueiro e o seu rexeitamento as "coaccións" exercidas pola dirección do hospital ás traballadoras. Instan á xerencia a retirar os expedientes e devolver á concesionaria a función de traslado da roupa sucia dos pacientes.
mércores, 18 xul 2018
A unanimidade do Pleno deu luz verde este mércores á cesión gratuíta á Asociación Amencer-Aspace de máis de 6.000 metros cadrados en Bembrive. A construción é resultado da colaboración do Concello, a entidade e a Fundación Amancio Ortega e atenderá a case 150 persoas.