O Concello volve situarse á cabeza de España no prazo de pago aos provedores
O Pleno tomou coñecemento este mércores dos prazos de pago rexistrados no segundo trimestre do ano, onde o Concello abonou as súas facturas en 11 días en abril, 9 en maio e 12 días en xuño, o período máis breve de España segundo os datos oficiais. A Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) tamén recoñeceu a Vigo como a administración mellor pagadora do país.
Os datos revelados este mércores polo concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, sitúan ao Concello de Vigo á cabeza de España no período de prazo aos provedores tamén no segundo semestre deste ano. Aneiros, que recordou que Vigo vén liderando este campo desde o ano pasado, explicou que este dato é froito da "boa xestión económica" do goberno vigués.
Vigo non só está por debaixo do resto de cidades españolas senón tamén da propia administración do Estado, que abona nunha media de 56 días, e da media das comunidades autónomas españolas, que o fai en 50 días. A cidade olívica, pola contra, cumpre coas súas obrigas en menos de dúas semanas.
No debate plenario, o voceiro de Marea, Rubén Pérez, manifestou que o dato é bo e asegurou que estes pagos -"inmediatos, case"- son importantes para a liquidez das pequenas e medianas empresas. Polo PP, Miguel Fidalgo asegurou que a xestión é o "punto débil" do goberno vigués, con problemas de pagos en Urbanismo, na Fundación MARCO e en FAIMEVI, e afirmou que o actual goberno herdou do anterior do PP unha "moi boa situación económica".
Aneiros pechou o debate recordando que a débeda do Concello en 2006 era de 66,5 millóns de euros e que o actual goberno de Vigo deixouna en cero. O edil puxo en valor ademais que Vigo ten a menor presión fiscal das urbes galegas: "os datos nos avalan", concluíu.
O propio alcalde, Abel Caballero, interveu para recalcar que, ademais do Ministerio de Facenda, a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) avalou á cidade viguesa como a administración mellor pagadora de España, sendo a segunda nesta clasificación a Deputación de Pontevedra presidida pola tamén tenente de alcalde viguesa Carmela Silva.
Conta Xeral
O Pleno aprobou este mércores a Conta Xeral de 2017 do Concello e a Xerencia de Urbanismo, cos votos en contra de PP e da Marea. Jaime Aneiros subliñou que todos os indicadores son "positivos" e o cumprimento da estabilidade, da regra de gasto e con tesourería suficiente para facer fronte aos pagos a provedores.
O concelleiro de Facenda defendeu a "sobresaínte" xestión económica do Concello como motor da transformación da cidade con "políticas progresistas", con débeda cero, a menor presión fiscal das cidades galegas e con superávit no pasado exercicio.
Os voceiros de Marea e PP, Rubén Pérez e Elena Muñoz, respectivamente, denunciaron un incremento dos impostos, unha recadación por encima do previsto e unha baixa execución do orzamento. O goberno vigués replicou que, con "datos oficiais", Vigo ten a menor presión fiscal das cidades de Galicia e que a execución do orzamento do pasado ano superou o 93%.