O Pleno aproba a ordenación provisional para desbloquear o 24% do urbanismo vigués
A Corporación deu luz verde á aprobación inicial deste instrumento, que fará posible levar adiante o desenvolvemento urbanístico de 23 millóns de metros cadrados, case que a cuarta parte da cidade. Así o expuxo a concelleira de Urbanismo, María José Caride, antes da votación, apoiada polo goberno de Vigo e o PP, coa oposición de Marea.
O pleno do Concello deu luz verde este mércores á aprobación inicial do Instrumento de Ordenación Provisional, que permitirá o desenvolvemento urbanístico dun 24% do termo municipal vigués.
A concelleira de urbanismo, María José Caride, incidiu en que, "a pesar de que a Xunta negou" outras medidas propostas polo Goberno local, a aprobación deste instrumento "permitirá recuperar 23 millóns de metros cadrados, un 24% do termo municipal", o que ascenderá a "un 38%" unido aos plans especiais aprobados en Casco Vello e Bouzas. "O obxectivo é que quen puidese solicitar unha licenza antes da nulidade do PXOM de 2008, poida solicitala agora", explicou a edil. "É unha moi boa noticia para Vigo".
A voceira do PP, Elena Muñoz, coincidiu en que esta "é unha boa noticia para todos os vigueses" e afirmou que "é grazas" á Xunta de Galicia, promotora deste instrumento normativo. Pola súa banda, a Marea votou en contra ao "discrepar que sexa unha boa noticia", manifestou o seu desacordo coa lei definida como un "instrumento arbitrario" polo seu voceiro, Rubén Pérez.