Escoitar

Caballero denuncia o intento da Xunta de paralizar os principais proxectos de Vigo

O alcalde de Vigo denunciou este martes que a Xunta tenta paralizar con fines electoralistas os principais proxectos postos en marcha polo goberno local. Abel Caballero enumerou media ducia de actuacións nas que a administración autonómica está "contra Vigo" nunha situación "sen precedentes".

martes, 17 xul 2018
Abel Caballero denunciou este martes un intento da Xunta de Galicia por paralizar todos os proxectos postos en marcha polo Concello de Vigo. O alcalde mencionou actuacións do goberno local que xa recibiron a negativa da administración autonómica.

O rexedor sinalou que a Xunta denega a "Lei Vigo" para construír o novo pavillón de Matamá, mentres que en outros municipios como Redondela foi autorizado un instituto grazas á nomeada vía. Ademais, mencionou que nos últimos días tamén foi comunicado o rechazo da Xunta á reforma das Pistas de Atletismo de Balaídos ou o acceso ao colexio Párroco don Camilo.

"É o antiviguismo máis feroz da etapa Feijóo, non pasara nunca algo así, agora negan a licencia para as pistas de Atletismo e non queren que reformemos o acceso ao colexio Párroco don Camilo, non dan unha sola razón", sinalou antes de explicar que o firma a secretaria xera para o Deporte.

Caballero sinalou tamén que xa pararon o proxecto de Vigo Vertical para a Gran Vía, as humanizacións de parte das avenidas Camelias e García Barbón, así como pretenden parar a ordenación provisional do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

"Din que o Concello ten que contratar un novo PXOM, pero a lei non di nada diso. Esta é a desesperación do PP, teñen pánico ás eleccións", concluiu o alcalde.