A sesión plenaria vespertina reproba a Ana Pastor por paralizar o AVE por Cerdedo e valora o compromiso dado por Pedro Sánchez
Os votos do grupo municipal socialista serviron para aprobar unha moción na que insta á deputada Ana Pastor a asumir responsabilidades políticas "por ter obstaculizado" a tramitación do AVE Vigo-Madrid en conexión directo por Madrid. Ademais, saíu adiante unha emenda de engadega para recoñecer ao Goberno de Pedro Sánchez o seu compromiso coa Alta Velocidade e coa peaxe de Redondela.
O Pleno Municipal do Concello de Vigo aprobou este mércores, na sesión vespertina celebrada tras a toma de posesión do novo delegado do Estado na Zona Franca, unha moción do PSOE na que insta á deputada galega Ana Pastor a asumir responsabilidades por ter obstaculizado durante cinco anos a tramitación do AVE Vigo-Madrid por Cerdedo. Ademais, unha engádega do grupo municipal socialista na que mostra o recoñecemento ao Goberno de Pedro Sánchez polo seu compromiso coa nova infraestrutura.
Os votos do PSOE -o PP pronunciouse en contra e Marea de Vigo abstívose- serviron para que a sesión plenaria do Concello aprobase unha moción, defendida polo concelleiro Carlos López Font, para reclamar a Ana Pastor que asuma as súas responsabilidades políticas por non axilizar a tramitación do AVE.
Na mesma moción, o pleno pide responsabilidades políticas aos que comprometeron o levantamento da peaxe de Redondela e "non tramitaron un só papel" durante meses. O grupo socialista presentou unha emenda de engádega para valorar o compromiso mostrado polo presidente Pedro Sánchez coas infraestruturas galegas na súa reunión do martes con Alberto Núñez Feijóo.