FEMP e Ministerio de Medio Ambiente traballarán xuntos contra a seca
Abel Caballero mantivo na tarde do mércores un encontro con Isabel García Tejerija para abordar solucións ante os problemas de abastecemento de auga aos municipios. Logo da reunión, o presidente da FEMP insistiu na necesidade de axilizar "porque é posible que teñamos pouco tempo para tomar decisións. Todo sinala que o cambio climático xa está aquí".
A FEMP e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente establecerán liñas de cooperación para estudar e buscar solucións ante as diferentes problemáticas de abastecemento que afrontan os municipios ante a seca. Así o acordaron esta tarde o presidente, Abel Caballero, e a ministra, Isabel García Tejerina, nun encontro celebrado no Ministerio no que tamén estiveron presentes os vicepresidentes da FEMP, Cuca Gamarra e Aníbal Vázquez, e máis a secretaria de Estado de Medio Ambiente, María García.
Segundo subliñou Caballero, no encontro analizouse o problema da seca e do cambio climático, así como a importancia e o papel dos municipios na resolución dos problemas de abastecemento de auga a pobos e cidades, buscando a maneira na que as entidades locais e Ministerio poidan colaborar. "Temos un campo de cooperación moi importante -asegurou o presidente da Femp- primeiro, a definición das competencias, deixando claro cales corresponden aos concellos, cales ás comunidades autónomas e as que ten o Goberno de España. Unha vez delimitado este punto, veremos en que formas podemos cooperar, cales son os mecanismos que se poden poñer en común para aforrar auga, para ter máis abastecemento e para facer un prantexamento colectivo a medio prazo e facelo no conxunto das administracións".
Trátase do primeiro paso para un proceso de reflexión conxunta, traballos, reunións e xornadas técnicas, de "poñernos mans á obra porque é posible que teñamos pouco tempo para tomar decisións. Todo sinala que o cambio climático xa está aquí".
O alcalde de Vigo asegurou que é preciso coñecer en que condicións se atopa cada zona e estudar posibles solucións, que nuns casos pasarán por embalsar o almacenar auga e, noutros, en buscar outras alternativas.
Descargar todas as imaxes