xoves, 15 marzo 2018

O Concello prorroga 15 días máis a implantación da nova tarxeta PassVigo

xoves, 15 mar 2018

Abel Caballero avanzou este xoves que o prazo de funcionamento da vella Tarxeta Verde amplíase ata o 15 de abril debido á avalancha de peticións recibidas nos últimos días. "É un éxito extraordinario, todo o mundo na cidade quere ter a nova PassVigo, xa é unha especie de carné de identidade propio", asegurou o acalde.

FEMP e Ministerio de Medio Ambiente traballarán xuntos contra a seca

xoves, 15 mar 2018

Abel Caballero mantivo na tarde do mércores un encontro con Isabel García Tejerija para abordar solucións ante os problemas de abastecemento de auga aos municipios. Logo da reunión, o presidente da FEMP insistiu na necesidade de axilizar "porque é posible que teñamos pouco tempo para tomar decisións. Todo sinala que o cambio climático xa está aquí".

El campeonato Europeo J70, en el que "Vigo enamorará a los más de 1.000 asistentes", se celebrará del 9 al 16 de junio

xoves, 15 mar 2018

El Concello de Vigo y la Diputación de Pontevedra cofinancian este evento que, según destacó el alcalde esta mañana durante la presentación, "enamorará a todos los participantes, que se convertirán en embajadores de la ciudad". "Celebraremos un gran campeonato europeo y estaremos a la altura de lo que sucedió en las anteriores sedes: Mónaco, Kiel, Portocervo y Southhampton", afirmó Abel Caballero.