Vigo optará a un plan piloto europeo para impulsar a aplicación da tecnoloxía no funcionamento da cidade

A Unión Europea impulsa en Galicia un proxecto de 5 millóns de euros para cidades ao que Vigo optará, segundo avanzou o alcalde, pois "adáptase moi ben ás características de Vigo". Abel Caballero mantivo unha reunión este xoves cos promotores do Plan Nacional de Territorios Intelixentes.

xoves, 15 mar 2018
1521122329PlanNacional_02.JPG
Tras a reunión cos promotores do Plan Nacional, da Secretaría de Estado para a Sociedade da Información e Axenda Dixital, o alcalde anunciou a candidatura viguesa ao proxecto europeo, que procura a aplicación das últimas tecnoloxías, "e posteriormente o 5G", na interacción e conexións entre edificios e distintas zonas da cidade.

"Temos moito interese neste proxecto", argumentou Abel Caballero en rolda de prensa, pois "adáptase moi ben ás características de Vigo", cidade "á vangarda" na aplicación da última tecnoloxía.
Descargar todas as imaxes