Escoitar

Camiño a Camiño 2018 principia na primeira semana de marzo

O Concello ven de dar a coñecer a programación de Camiño a Camiño para a primavera 2018. A primeira ruta terá lugar o domingo 4 de marzo iniciando unha serie de percorridos pola Senda Panorámica de Vigo (GR-53).

luns, 26 feb 2018
1519649777caminho.JPG
O programa de educación medioambiental "Camiño a Camiño" ten previsto para os meses de marzo a xuño de 2018 unha programación que combina percorridos medioambientais por Vigo e bisbarra e por Galicia, con hortas-escola e con actividades formativas e de divulgación.

"Camiño a Camiño" ten como obxectivo a sensibilización medioambiental e o fomento de hábitos saudables entre a cidadanía viguesa. Nesta edición céntrase a atención en primeiro lugar na Senda Panorámica de Vigo, que atravesa os montes do concello. Posteriormente abordaranse rutas polos enclaves con monumentos naturais máis destacados da parte meridional de Galicia, así como as clásica visitas ás Illas Cíes e ás serras de Galicia, nesta ocasión o Courel e Ancares.

Como novidades nesta edición, os sábados do mes de abril realizaranse Paseos polos montes de Vigo, en colaboración coa Mancomunidade de Montes de Vigo, e nos meses de maio e xuño terá lugan sendas acampadas familiares en Illas Cíes e en Vigozoo.

Proseguirase coa actividade das hortas-escola, tanto no 1º nivel, de iniciación, como no 2º nivel, de profundización. Tamén se incide nas accións formativas de hortas e de contido medioambiental, así como nunha programación de charlas divulgativas en Vigozoo e unha programación específica de coñecemento do ceo.

As inscricións para todas estas actividades pódense facer no 010 (986 810 260 dede móbil) durante a semana previa a cada unha delas, ágas as rutas en Galicia que se realizarán con dúas semanas de antelación
Descargar todas as imaxes

Máis información