O alcalde pide unha "solución inmediata" para acabar co colapso nas urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro
Abel Caballero reuniuse este luns co persoal do centro médico vigués Álvaro Cunqueiro para coñecer a situación na que se atopan. Os traballadores trasladáronlle ao alcalde as carencias de persoal, material e medios para poder desempeñar a súa labor diaria. Ademais, relataron os desprazamentos que deben facer no interior do hospital para trasladar aos pacientes.
Abel Caballero reclamou este luns unha "solución inmediata" para acabar co colapso que sofren as urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. O alcalde mostrou a súa preocupación sobre a situación do centro médico despois de manter unha reunión con representantes dos traballadores.
"O que me trasladan xera unha inmensa preocupación por riba da que xa tiña, porque describen unha situación con dous grandes carencias durante os picos de asistencia e o mes de agosto", explicou o rexedor. Ademais, relatou que os traballadores teñen que percorrer distancias de case un quilómetro dentro do centro para o traslado de pacientes.
O alcalde asegurou que o persoal denuncia deficiencias en canto a material e instrumental así como outras carencias na zona de urxencias, onde alertan da falta de intimidade nos boxes pola falta de cortinas ou elementos que separen aos usuarios.
"Describen unha situación similar a un hospital de campaña, ou aínda peor, posto que creen que os hospitais de campaña funcionan mellor. É necesario unha solución inmediata, hai que reorganizar o hospital, con máis persoal, cunha previsión sobre os picos de asistencia e, en definitiva, coa calidade asistencial que merecen os cidadáns", sinalou Caballero.
Descargar todas as imaxes