venres, 7 mai 2021
O alcalde informou este venres da iniciativa, que busca capacitar como socorristas a titulados en Actividade Física e do Deporte. A preinscrición se formaliza no 010 durante a próxima semana e o alumnado compaxinará as clases teóricas con prácticas nas praias de Vigo.
venres, 30 abr 2021
O Concello presenta a programación de educación ambiental para o período comprendido entre os meses de maio e xuño 2021 que inclúe 7 paseos interpretativos polos sendeiros locais, a recuperación da actividade nas hortas urbanas e o voluntariado medioambiental. Xa está aberta a inscrición para a primeira actividade.
venres, 23 abr 2021
O goberno que encabeza Abel Caballero licita os once establecementos nos areais vigueses para os próximos catro anos. Como novidades, a ampliación do período de apertura e o novo modelo de quiosco.
venres, 16 abr 2021
Esta semana volveron a estar operativas as seis hortas urbanas xestionadas desde o Concello. Por motivos de pandemia, o aforo reduciuse nun terzo e a estancia máxima de cada usuario é de 90 minutos.
luns, 29 mar 2021
Desde hoxe, a aplicación suma un total de 21 rutas para gozar da cidade. Con estes contidos, o goberno municipal quere poñer en valor os recursos naturais das parroquias de Vigo, da costa, do río Lagares e das Illas Cíes.
venres, 26 mar 2021
O alcalde explicou que o sábado permanecerán apagadas as luces dalgúns edificios e espazos da cidade para concienciar sobre o cambio climático e, ademais, iluminaranse de amarelo as Fontes de Aragón polo día da Endometriose.
venres, 26 mar 2021
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de comunicar a decisión ao Concello. “Estamos empezando a ser unha gran referencia en España e no mundo de mobilidade sostible, ecolóxica e respectuosa”, saudou o alcalde, quen subliñou que trátase da segunda distinción que reciben as ramplas mecánicas da Gran Vía, logo do primeiro premio da prestixiosa publicación Elevator World.
xoves, 25 mar 2021
O goberno presidido por Abel Caballero estenderá a senda fluvial desde a Avenida de Madrid ata Manuel Álvarez, case que 3,5 quilómetros máis aos que dedicará 1.215.000 euros. O Concello tramita en paralelo as expropiacións e o expediente para licitar as obras.
martes, 16 mar 2021
O Concello agarda da Xunta de Galicia un informe sobre o anteproxecto do anel verde desde outubro de 2019. Mentres tanto, o Concello non pode avanzar nesta figura de prevención da cidade deseñada logo dos incendios de 2018.
luns, 15 mar 2021
O alcalde participa este luns na plantación de carballos, bidueiros e pradairos xaponeses nese espazo no que ademais se están realizando labores de limpeza e rexeneración e no que tamén se instalarán arredor de 50 especies perennes e bulbos.