Escoitar

Caballero: “As Illas Cíes necesitan da nosa protección e non imos parar ata lograr que ocupen o lugar que merecen”

O alcalde de Vigo destaca a importancia da creación deste comité científico internacional, sinalando que "supón un paso crucial para consolidar as aspiracións das Illas Cíes como Geoparque da UNESCO”. A previsión é presentar a candidatura oficial a este recoñecemento en 2024.

venres, 31 mar 2023

O alcalde achegouse esta mañá ao Auditorio Mar de Vigo para participar na presentación comités de expertos encargados de seguir o traballo nas Illas Cíes para que sexan Geoparque Mundial da Unesco. Na súa intervención, O alcalde agradeceu a colaboración e o apoio a este proxecto aos representantes de ámbitos moi variados, desde a Universidade á empresa pasando polo Turismo, presentes no acto. “Isto mostra formas moi diversas de entender Vigo e outórganos unha riqueza excepcional na defensa das Illas Cíes”, afirmou. Caballero lembrou que o proxecto de lograr unha protección universal, un recoñecemento mundial, ao arquipélago comezou hai máis de 10 anos. “Cíes reúne con creces os requisitos para ser Patrimonio Mundial da Unesco, fixemos unha extraordinaria mobilización, pero a Xunta bloqueounos a nosa candidatura e presentou outra de forma clandestina e oculta que imposibilitou a nosa”.

Tras a suxerencia do Embaixador de España na Unesco de presentar as Cíes á rede de Geoparques e consultar cos expertos pertinentes, o alcalde asegurou que “as illas necesitan a nosa protección e temos a certeza de que imos ser membros desta rede; non imos parar ata lograr que as Cíes ocupen o lugar que merecen”. O rexedor notificou hoxe mesmo á Secretaría de Estado de Cooperación Internacional a intención do Concello de presentar esta candidatura no ano 2024 e asegurou que “imos ter todo o apoio do Goberno de España”.

A creación dun comité científico internacional supón un paso importante para consolidar a candidatura destas illas como Geoparque da UNESCO, o que contribuirá a mellorar a súa conservación e promoción a nivel internacional e reflicte a importancia que o concello de Vigo outorga á protección do patrimonio xeolóxico e natural.

O comité científico estará liderado polos investigadores da Universidade de Vigo, Irene Afasto e Gonzalo Méndez do departamento Xeoloxía aplicada na Universidade de Vigo, e está composto polos principais expertos que lideran a investigación neste territorio. Esta comisión está formada por 15 referentes internacionais de recoñecido prestixio nas disciplinas científicas, de Xeoloxía, Oceanografía, Geoquímica, Antropoloxía, Sedimentología, Arqueoloxía ou a Xeografía. A súa función será avaliar e validar a información recompilada sobre as Illas Cíes, complementar o coñecemento existente con novos datos e campañas de campo, e elaborar un informe técnico que apoie a candidatura, así como identificar nichos de coñecemento para deseñar novas liñas de investigación.

Á súa vez, constitúese un comité socio-económico, liderado polo Investigador da Universidade de Santiago, Sebastián Villasante, está constituído por un elenco dos principais investigadores de Galicia do ámbito da planificación estratéxica do turismo, a valorización de servizos ecosistémicos, a economía dos recursos naturais, a avaliación de impacto ambiental, entre outras disciplinas.

Desde o punto de vista do patrimonio xeolóxico, “o arquipélago das Illas Cíes experimentou un singular proceso de formación dos elementos xeolóxicos, que xerou formacións excepcionais como unha barra submarina investida, sedimentos relictos, ou diversas estruturas graníticas, cuxa excepcionalidade radica na configuración dunha paisaxe de contrastes, tanto terrestre como submarino, cunha elevada heteroxeneidade de elementos fisiográficos nunha dimensión espacial reducida”, destacan os coordinadores do comité geo científico.

Derivado dos traballos realizados no seo das mesas de traballo do Comité Científico da Candidatura das Illas Cíes a Patrimonio da Humanidade, xa se constatou o significativo e diverso patrimonio xeolóxico do arquipélago. Por iso, as deliberacións das mesas de traballo sobre a viabilidade do proceso de candidatura tiveron como constante a valoración positiva sobre a consideración da candidatura a Geoparque da UNESCO.

 

 

 

Descargar todas as imaxes