Vigo súmase este sábado á Hora do Planeta

mércores, 22 mar 2023

O Concello amosa o seu compromiso co medioambiente sumándose á Hora do Planeta "polo clima, natureza e a loita co cambio climático", tal e como expresou o alcalde. Deste xeito, as luces da Casa Consistorial, as fontes de Aragón e Gran Vía, a Praza España e a pérgola de Travesas estarán apagadas entre as 20:30 e as 21:30 horas.

Vigo iza a bandeira branca na Vía Verde

luns, 20 mar 2023

Con este recoñecemento, Vigo é a cidade de España con máis sendeiros azuis, que certifican a calidade medio ambiental. Á Vía Verde súmanse Camiño a Beiramar, Entre Faros nas Illas Cíes e na Senda Litoral e do Monte da Guía.