O rexedor celebra o Día das Zonas Húmidas co alumnado do CEIP El Rocío
Nun acto celebrado no parque de A Bouza, onde se atopa unha das zonas húmidas máis representativas da cidade de Vigo, Abel Caballero transmitiulle os máis novos a importancia da "reciclaxe no fogar", para "ser moi coidadosos coa biodiversidade que conteñen as zonas húmidas de auga doce". O municipio vigués conta con diversas zonas húmidas de auga doce, que ocupan máis de 200.000 m2, co que se traslada o alumnado da cidade o obxecto de por en valor as zonas húmidas como ecosistema a preservar. No causo da Bouza "atopamos moita variedade vexetal", contando con salgueiros, amieiros, hedras, xaros, fentos femia ou especies do xénero Carex, entre outras.




