O alumnado do CEIP Josefa Alonso visita o Concello
Medio centenar de alumnos e alumnas de 4ª a 6ª de Educación Primaria do CEIP Josefa Alonso visitaron as instalacións municipais. O alcalde sumouse á visita e explicoulles a importancia do traballo que desenvolve o Concello no ámbito administrativo. A visita enmárcase no programa "Visita o teu Concello", creado para achegar a actividade do Concello e o seu funcionamento ao estudantado.
