Escoitar

“O bosque vivente” abre este sábado 3 de febreiro a programación de Vigocultura

O alcalde e Carmela Silva avanzaron este xoves no MARCO o inicio da programación este sábado 3 de febreiro ás 19:00 horas da man da Compañía Sarao Producción&Animación na rúa do Príncipe cun espectáculo de teatro de rúa que procura a implicación do público infantil e adulto.

xoves, 1 feb 2024

Abel Caballero convidou á cidadanía viguesa a asistir aos 28 espectáculos que se desenvolverán desde este sábado 3 de febreiro e ata o vindeiro 28 de abril. Teatro de rúa, actuacións musicais, monólogos, comedias, teatro sensorial para bebés, marionetas, danza, maxia, teatro comedia de máscara e circo conforman a oferta da programación municipal de artes escénicas para o primeiro trimestre do ano 2024.

“Vigocultura é a historia dun éxito anunciado cun destacado nivel de participación e afluencia ás representacións”, sinalou o rexedor ,que convidou a toda a cidade a “vivir e gozar da cultura”. Haberá compañías e artistas vigueses con predominio das artistas femininas e unha unha estrea mundial: “Neura. Unha comedia neurótica-festiva de ste xeito” de Ste Xeito Producións.

Ata o 28 de abril poderán gozarse 28 funcións: 17 para público adulto e 11 para público familiar. As entradas están á venda na web www.giglon.com, na librería Libros para Soñar e en despacho de billetes o mesmo día do evento. O alcalde apuntou que quedan poucas entradas xa para o a algúns espectáculos como o monólogo de Touriñán “Aquí tou”, o 16 de febreiro e para “Heller Keller, a muller marabilla?” de Chévere, o 9 de marzo).

Ademais da peza inaugural que se representará na rúa do Príncipe, a programación no Auditorio Municipal é a que segue:

Viernes 9 de febreiro. Basilio Martí: “Transylvanian Suite”. Música
Sábado 10 de febreiro. Amorodio Teatro: “A nai”. Teatro comedias
Domingo 11 de febreiro. Markeliñe: “Mamut”. Teatro xestual
Viernes 16 de febreiro: Ainé Produccións: “Aquí tou”, monólogo de Xosé Antonio Touriñán
Sábado 17 de febreiro. Contraproduccións S.L.: “Apaga o candil”. Teatro comedia
Domingo 18 de febreiro. Trémola Teatro: “Brilla, brilla”. Teatro para bebés
Viernes 23 de febreiro. Ilusionista Pedro Volta: “Ilusionante”. Maxia
Sábado 24 de febreiro. Contraproduccións S.L: “Entrega en man”. Comedia
Domingo 25 de febreiro. Roi Borrallas: “Solo”. Marionetas
Viernes 1 de marzo. Iago Regueiro: “Gracias por venir, homenaje a Lina Morgan”. Comedia
Sábado 2 de marzo. Sarabela Teatro: “Made in Galiza”. Comedia
Domingo 3 de marzo. Olivas negras: “O rapto de Befana”. Comedia de máscara
Sábado 9 de marzo. Chévere Produccións: “Heller Keller, a muller marabilla?”. Teatro contemporáneo
Domingo 10 de marzo. A maga Fani: “Iguladade, onde estás?”. Maxia
Viernes 15 de marzo. Manekineko: “Cancións amarelas, flores tristes”. Teatro contemporáneo
Sábado 16 de marzo. Artyc Content: “Que din as rumorosas”. Teatro contemporáneo
Domingo 17 de marzo. La Coja Dansa: “El cuento de Persépolis”. Danza
Viernes 12 de abril. Ron Lalá Teatro: “4x4”. Comedia
Sábado 13 de abril. Souvenir: “Non é unha canción”. Teatro contemporáneo
Domingo 14 de abril. Aina Maravillas&Portal71: “Las Cotton”. Marionetas
Viernes 19 de abril. De ste Xeito Produccións: “Neura”. Estreno. Comedia
Sábado 20 de abril. Pistacatro Productora de Soños: “La punta de mi nariz”. Circo
Domingo 12 de abril. Artefeito: “Cirqueiras”. Circo
Viernes 26 de abril. Cía Kirenia Danza: “Emigrantes”. Danza
Sábado 27 de abril. LAD Dance Compañy: Qualia”. Danza
Domingo 28 de abril. Pistacatro Produtora de Soños: “361º” de Proxecto Tránsito. Híbrido de circo e danza

Na presentación, que contou coa participación de tres actores da compañía "O bosque vivente", estiveron presentes o concelleiro de Cultura, Gorka Gómez, e a concelleira Patricia Iglesias. 

 

Descargar todas as imaxes