Escoitar

Vigo contará cun novo Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento

Abel Caballero anunciou este venres que o Concello arrinca o proceso para contar cun novo Plan Integral de Xestión do Sistema de Saneamento que permitirá planificar a mellora da rede da cidade.

venres, 2 feb 2024

O alcalde explicou que o novo Plan Integral de Xestión do sistema de Saneamento encargado polo Concello, que deberá estar listo en 2026, ademais de planificar de forma integral as obras de mellora do servizo de saneamento da auga, xa que reflectirá as necesidades de renovación e a situación da rede en cada zona de Vigo, evitará a contaminación por verteduras. O rexedor incidiu en que a rede de Vigo, que conta cunha rede de colectores de máis de 1.000 quilómetros, é atendida “exclusivamente” cos recursos da cidade de Vigo.

Caballero lembrou que o goberno que preside realizou, co Goberno de España coa concelleira Elena Espinosa como concelleira de Medio Ambiente, unha depuradora no Lagares “extraordinariamente importante” .

Descargar todas as imaxes